Loading...
15.1.08

Do papel ao disco duro


Periodicamente os xornais publican novas, unhas veces con tono apocalíptico, outras máis profético, nas que predicen a morte do libro e a emerxencia de susitutos máis ou menos afortunados. Recentemente recolleron a aparición dun libro electrónico lanzado por Amazon, baixo a denominación de Kindle. Non sei algún día chegará a poder fabricarse un instrumento tal, -canto espazo se aforraría nalgunhas casas!- pero polo de agora non se albisca nada que poida competir coa fermosura dun libro ben escrito, ben ilustrado e ben editado. A reflexión aparecida nalgún BLOG tamén pode axudarnos a aclarar ideas, o mesmo que un artículo publicado en The New York Times recentemente.
Outra cousa será se falamos dun medio que non queira sustituír o libro de papel senón ultrapasalo cun concepto comunicativo diferente, pantalla flexible e a posibilidade de tamaño A4, sexa o próximo ensaio con posibilidades de éxito real. que permitiría a descarga dos arquivos por un prezo asequible. Hai anos que nalgúns países asiáticos se veñen fabricando e vendendo aparellos semellantes a este, aínda que descoñezo cal é prezo das descargas, pero si sei cal é a nitidez, comodidade...

Quizais o desenvolvemento da tecnoloxía da tinta dixital, electronic-ink na terminoloxía inglesa; caracterizada por unha mellor cualidade de visonado

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP