Loading...
26.1.08

Cita en Angouleme

Estase a celebrar nesta cidade francesa o Festival Internacional da Banda Deseñada. Esta edición, que vén marcada polo incremento en case toda Europa do número de álbumes publicados e un incremento paralelo nas vendas. En España, e tamén en Galicia, segue a considerarse por parte de moita xente un xénero menor, nonmerecente de atención polos sectores considerados cultos. Ademais disto, hai unha certa polémica sobre a designación de certas obras como novelas gráficas ou simplemente álbumes de banda deseñada (Ver as recentes declaracións de Max, Premio Nacional de banda deseñada).


Seguimos agardando a aparición d'A Conta Atrás, a novela gráfica de Carlos Portela e Sergi Sanjulián que vai publicar Faktoría K de Libros. A última nova que tiñamos era que se agardaba a aparición do primeiro tomo para a primavera deste 2008.

2 comentarios:

  1. ¿Viches quen gañou? http://publico.es/culturas/042080/angulema/premia/emigrantes

    ResponderEliminar
  2. Efectivamente acabo de velo, e como verás na nova entrada que acabo de publicar, xa tiña unha imaxe do libro preparada no escritorio hai uns días. Non te asustes!! Nin sabía nin sospeitaba nada. Son casualidades.

    ResponderEliminar

 
TOP