Loading...
27.1.08

Cabalgando entre dous xéneros


Vino no moble de novidades dunha das librerías que adoito visitar. Lera algo sobre ela, agora decátome de que algunha das cousas que dicían non se axustaban á realidade. Creo que destaca máis a novidade de facer un relato no que a narración gráfica e a literaria son complementarias, con doses de suspense ben administradas para que sempra haxa un fío, ás veces moi leve, que nos amarra á historia. Dáme que será un deses libros que uns atacarán tan vigorosamente como outros a defenderán. Gústanme as referencias a obras clásicas do cine universal (espertará a curiosidade dalgún lector por descubrir a Harold Lloyd ou Georges Méliès?)

Coma sempre, dou satisfacción á teima de entrar na web do autor, Brian Selznick, neste caso é máis a web do propio libro, e atopo algúns aspectos creativos que o autor quere desvelarnos. Venme á cabeza aquela frase que Borges lle soltou a un aspirante a novelista que foi á súa casa a pedirlle un préstamo para pagar unha viaxe a California, pois estaba escribindo unha novela ambientada nese lugar e quería documentarse sobre el. A resposta de Borges foi crúa e contundente. Viña a dicir que un novelista non precisa ir a un sitio para falar del, a literatura son xeografías imaxinadas. E veume isto á memoria porque o autor conta con fotografías a súa viaxe a París, aos lugares onde se desenvolve a trama do libro.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP