Loading...
13.12.07

Recomendacións

Sigo con Ismael. amoso interese polo manga. Busco desesperadamente, non a Susan, senón o mellor que hai neste estilo (Insisto en que manga en xaponés significa bande deseñada). Amósame o primeiro tomo dunha serie de 20 escritos nos anos sesenta e setenta que tratan sobre o mundo dos samurais. A edición non me parece boa; de feito confesa que el o ten en inglés porque na edición española se perden moitos detalles do trazo.
Ensíname dous tomos de actores actuais, comenta que un deles transpórtanos a un mundo lonxano. Trátase de Barrio Lejano de Jiro Taniguchi un autor do que puiden atopar algunha r
eferencia nas páxinas de cultura galega.

Escollo este entre os mangas que me ensina porque eu amo o Xapón, gústanme os xaponeses, e este é o máis xaponés de todos. Vexo por alí outro título dos que teño oído falar ultimamente. Trátase dun libro de Joe Sacco. Graficamente paréceme interesante e a o tema, o conflicto palestino-israelí, interésame especialmente. Prometo que cando volva por Madrid procurarei pasar por alí; dá gusto falar cun libreiro vocacional e profesional.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP