Loading...
10.12.07

Madrid, de librería en librería



As pontes, entre outros saudables efectos, permiten que un colla aires capitalinos, poida bucear en exposicións, visitar librerías e atopar as publicacións que dificilmente chegan ás nosas librerías vilegas.




Tamén pode un enriquecer o seu ego ao atopar os libros que admira e disfruta facendo tan aprezados non só en superficies como FNAC, onde Lágrimas de cocodrilo ocupaba un lugar destacado nos libros de nadal (Logo entereime que é un dos recomendados nos seus boletíns de novidades), senón tamén en librerías de públicos máis exquisitos.



Coñecín La Buena Vida, un espazo acolledor onde se pode atopar unha excelente selección de libros, ademais de poder tomar un cafeciño mentras cato algún dos tomos de poesía, que son os que me quedan máis a man. Despois de ollar entre as novidades e descubrir entre elas as traducións de Males de cabeza e A fronteira infinda, o meu anfitrión e máis eu perdemos un pouco o tempo comentando de cal dos Trueba é este espazo e


escoitamos de fondo a Nova Trova Cubana e algo de flamenco. Botámoslle un ollo aos suplementos culturais da semana e O fondo de infantil é reducido, pero non sobra ningún dos títulos que hai, aínda que boto en falta algún.





A pena é non poder visitar algunha das librerías infantís que ultimamente se abren con relativa frecuencia, La mar de letras, por exemplo, onde nunca estiven a pesar de ter tropezado con ela algunha vez. Ou quizais Biblioketa, El dragón lector, Kirikú ou Pantha Rai que aínda que non é exclusivamente infantil sempre ten cousas interesantes. Outra ponte será.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP