Loading...
24.12.07

De Rivas a Bragado pasando por Franco (Grande)

Desde que se publicou o artigo de Dolores Vilavedra sobre o "Síndrome Do Padornelo", eu prefiro chamalo así, algo se moveu no mundo literario galego. Logo sae Franco Grande con ese verbo catastrófico, a resposta de Manolo Rivas; e para rematar a faena a mesa redonda dos editores en Vigo e o artigo en Luces de Manolo Bragado sobre o futuro da edición en Galicia.
E eu penso dúas cousas:

1. Que temos que desfacernos dese complexo que soamente somos quen de recoñecer o valor dunha obra galega polo reflexo que nos chega de máis aló do Padornelo.

2. Que como esteamos tan atentos ao mercado exterior podemos atoparnos un día non moi lonxano, que se nos acabou o interior.

Sarille dixit. Por certo, as súas teses teñen un certo reflexo nese mesmo mercado. Pagaría a pena facer unha reflexión sobre ese libro, "A impostura e a desorientación na normalización lingüística", que publicou arredor do futuro da nosa lingua.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP