Loading...
11.12.07

Da banda deseñada

Falo con Ismael en Generación X, a librería que rexenta e que está especializada en cómic. Esta tenda situada na Rúa Puebla, 15, é a número once da rede que conforma esta pequena cadea. Falamos de moitas cousas relacionadas con este xénero: a distribución, a producción, e descubro que os problemas son tamén os relacionados coa sobreproducción.
Falamos da última novidade que recibiron desde Galicia, Las trece en punto. Comenta a sorpresa que foi para el que se publicase este libro en relación cos outros que tiña publicado Faktoría K de libros. A nosa conversa interrómpese con frecuencia pola constante presenza de clientes que enchen a tenda esta tarde de venres. Cómics, bonecos dos seus personaxes ou xogos de rol son demandados continuamente polo público. Ademais diso, no soto desenvólvese un torneo.
Ve
mos o andel de novidades e coméntame algunhas polas que me intereso. Confesa que non sabe moi ben que agardan os editores dalgún dos libros aos que lle prognostica unha vida efémera. Mentras fala, abre a porta dun armario onde se ateigan os títulos que se publicaron para o Salón do Cómic recén rematado (varias ducias de títulos novos). Quéixase das obrigas que lles impón a distribuidora, devolver os libros antes dos tres meses ou liquidalos. Laméntase de que iso os obrigue a devolver todo aquilo que non teñan a seguridade de que se vaia vender. Pregúntome se todo isto non terá que ver co feito de que SD sexa na práctica o monopolio da distribución do cómic en España. Ismael fai un xesto e interpreto que concorda en que por aí van as cousas. "O feito de que Norma estea fóra da cadea, permítelle ter un importante fondo desta editorial.
Despois falamos dalgúns títulos interesantes, pero iso será cousa doutro comentario.

2 comentarios:

  1. parece que a distribución é o peixe gordo da cadea alimenticia de todos os mercados... e calquera día vai pasar algo como isto.

    ResponderEliminar
  2. Efectrivamente, aínda que non sempre, a distribución é o eslabón forte da cadea. só existes si ela quere

    ResponderEliminar

 
TOP