Loading...
25.11.07

Cultura de saldo

Onte falei co blogueiro da familia e suxeriume este título para a entrada. Foi a propósito da publicación dos libros de El País. Sigo dándolle voltas ás vantaxes que ten para o sector da cultura que se fagan libros a ese prezo. Os editores contabilizarán un ingreso a cambio dun pequeno esforzo, os autores daranse a coñecer e algún título pode dar un tirón nas vendas porque será descuberto por unha masa de público pouco afeita a curiosear nos andeis. Pero cantos outros morrerán nesta promoción? Cantas escolas do país deixarán de mercar eses libros nas librerías porque xa os mercaron a un prezo un 75% inferior ao do mercado? Cantos libreiros comerán os fondos que teñen nas súas tendas e cantos os devolverán ao distribuidor? Vale un libro infantil 1 €? Que representan os autores e ilustradores nesta promoción? Decidiron eles que fosen incluídos? Puideron dicir non?
Este tipo de inventos son unha táctica intelixente de promoción dos contidos xornalísticos; dentro de pouco case poderá dicirse que se mercamos unha cafeteira deseñada por Mariscal nos regalan unha suscrición por unha semana a EL País e pola compra a prazos dun reproductor de mp3, outra por quince días a A Nosa Terra. Xa o dicía o señor Loewe, a ostentación é a cultura, non as xoias.

1 comentarios:

  1. boa reflexión.

    agora xa sodes dous blogueiros na familia ;)

    ResponderEliminar

 
TOP