Loading...
29.11.07

Descubrindo a María Rosa Colaço

Coñezo moitos libros e experiencias sobre o espertar ao mundo da poesía na escola, pero este que dá título ao meu comentario non o coñecía, malia levar máis dunha ducia de edicións en Portugal. Mesmo dei en buscar referencias sobre el na internet e fun dar co blog Tal vez uma península de Teresa Lopes e unha linda fotografía de Paulo Lopes. Busquei máis referencias desta María Rosa Colaço, da que eu descoñecía todo. Descubrín que nos anos setenta vendéranse trinta mil exemplares deste seu libro, hoxe sería impensable isto.
A introdución, fermosamente escrita comeza así:

Companheira do sol e das raízes, cheguei à grande cidade.

Numa mão levava o diploma, na outra, o medo. O resto era a história antiga da minha solidão e da minha esperança…

A escola que me deram não era um desses poéticos lugares, brancos e cheios de flores com que sonhamos no fim do curso: era um velho primeiro andar, de uma rua suja de sal, pregões e humidade. Os rapazes que me deram, também não tinham nada de comum com esses meninos de bata branca, normais, dos primeiros dias de aula e que as mãezinhas nos entregam como se fossem de porcelana.

Pero a ilusión desta mestra dou un lugar ao descubrimento das capacidades de describir o mundo de xeito poético por nenos de oito anos. Estas experiencias fanme admirar aínda máis a eses mestres que un quixese poder ser, capaces de ser pedagogos no sentido etimoloxicamente literal, isto é ser acompañantes.

Não eram génios, nem poetas, nem meninos prodígios. Eram filhos de pescadores, de varinas, de ladrões-de-coisas... essenciais ao dia-a-dia. Moravam em casas com buracos e dormiam nos barcos, no vão das portas, nos degraus da doca, em qualquer sítio. Alimentavam-se de um bocadinho de pão, de um peixe assado e às vezes de água. Apenas.

Con seguridade que estes nenos de Almada non esqueceron nunca a aquela mestra que soubo extraer deles aquilo que nin siquera eles sabían que o tiñan. Eu teño que agradecerlle a un pediatra coñecedor de que os libros curan e que son unha mediciña para a alma, que me teña dado a oportunidade de descubrir este marabillosos tesouro.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP