Loading...
25.11.07

Bloc, unha nova revista.








Acabo de recibir unha nova iniciativa que o meu colega Xabier P. Docampo me fai chegar. Case non podo nin entrar na casa porque a revista me atranca a porta. Dubidei se entrar a costa de machacar a revista ou facer manobras que permitisen salva
r a virxinidade do producto. O tempo apura, a cociña agarda, e a fame da compañeira despois dunha mañá de duro esforzo á ventimperie non son para deleitarse en salvar un estimado, pero á fin e ao cabo, anaco de papel.E logo dirán que a cultura non ocupa lugar.
Bótolle unha ollada fuxidía e a impresión é que estou diante dunha desas revistas que dá gusto ler, nas que a parte gráfica, o texto e o deseño fan que a súa presenza sexa unha invitación a abrila. A proximidade do Nadal sempre nos invita a ollar con máis detenimento as revistas e suplementos culturais porque chega o momento das recomendacións de Reis. Por certo que invito á lectura dun fermoso libro, O señor Ibrahim e as flores do corán, un libro ameno para todo tipo de lectores. Con isto ábrese O CAIXÓN NARRATIVA K de Faktoría K de libros. Ademais da versión teatral que hai algún tempo se puido ver en Barcelona, non sei se por aquí se chegou a representar, hai unha versión cinematográfica que protagonizou Omar Sharif que pasou con máis pena que gloria e que está moi por debaixo da calidade do libro.


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP